O Partido Popular esixe explicacións e un informe detallado achega do sobrecusto da cuberta de Riazor

O Partido Popular esixe explicacións e un informe detallado achega do sobrecusto da cuberta de Riazor
O grupo municipal popular solicitou esta mañá máis información e aclaracións sobre o sobrecusto de case un millón de euros da obra do estadio 
Na Comisión de Facenda celebrada esta mañá, os populares pediron máis información para avaliar se o concello ha de facer fronte a esta nova factura

O PP esixiu hoxe ao Goberno municipal máis información sobre o ocorrido coa obra da cuberta de Riazor. Na celebración da Comisión de Facenda, o PP insistiu na necesidade de saber os pormenores dun sobrecusto de case un millón de euros por encima do orzamento de adxudicación da obra e que supera o límite legal establecido para estes casos, contemplado nun 10%.

Na reunión desta comisión, a concelleira popular Rosa Gallego puxo de manifesto a necesidade de coñecer os detalles, as causas e a xustificación desa superación de crédito antes de aceptar a dotación desa partida orzamentaria para o pago da factura.

En todo caso, desde o PP “lamentamos” que o primeiro investimento en materia deportiva sexa para pagar un sobrecusto e non para melloras en instalacións do deporte basee que son moi necesarias.

Desde o PP púxose sobre a mesa tamén a esixencia de coñecer a liquidación do orzamento de 2018, un documento que o goberno local non deu a coñecer aínda, a pesar de que está asinado desde o 25 de marzo e que é clave para saber a disposición real de remanente.

Por tales motivos, a postura hoxe do PP foi a abstención á espera de coñecer se de aquí ao pleno municipal tense toda a información, xa que en caso contrario presentaríase unha emenda ao entender que o goberno local non debe facer fronte a ese sobrecusto.