Bea Mato anticipa unha oposición leal e responsable, que primará o ben da cidade por encima de intereses partidistas

Bea Mato anticipa unha oposición leal e responsable, que primará o ben da cidade por encima de intereses partidistas
Mato destacou no pleno de hoxe que o "PP estará nunha posición na que Coruña está por encima de todo e de todos" 
A portavoz cualificou de "rechamante" que os socialistas pactasen antes con BNG que con Marea a pesar de que serán os seus reféns todo o mandato "por decisión propia" 
Tamén puxo de relevo que entre os acordos con BNG, Marea e as propostas do PP das que se apropiou, "descoñecemos" que executará do seu propio programa 
Sobre o acordo de organización, explicou que recolle "a grandes liñas" as principais premisas do PP que eran a proporcionalidade na dotación dos grupos políticos para exercer o seu labor no concello e na presenza en órganos colexiados

O grupo municipal do Partido Popular en María Pita apoiou cos seus votos o acordo organizativo do Concello da Coruña para o próximos catro anos. Este apoio prodúcese porque, en palabras da portavoz, Bea Mato, “recolle, a grandes liñas e sen entrar en matices, as premisas innegociables que o PP puxera sobre a mesa”. Cualificou de “moi positivo para todos” cuestións como celebrar as sesións plenarias pola mañá, a participación da oposición nas xuntas de goberno e nas mesas de contratación, con voz pero sen voto, e a proporcionalidade na composición dos concellos dos órganos colexiados.

“Seis semanas despois estamos ante o goberno máis pequeno da historia do Concello, que non conta con maioría absoluta, pero si con senllos pactos debaixo do brazo”, sinalou Mato, que cualificou de “rechamante” que os socialistas pactasen antes con BNG que con Marea: “Só Marea poderá darlles a maioría aos socialistas e con todo é relegado ao último lugar na negociación”, a pesar de que o grupo socialista será “o seu refén todo o mandato por decisión propia”.

A portavoz Popular destacou “a oportunidade histórica perdida de ter un goberno de coalición que faría que Coruña fose pioneira nunha nova forma de entender a política”. Un goberno con 18 concelleiros que resolvería mellor e con máis dilixencia os problemas dos coruñeses que uno de nove, máis tendo en conta que o Goberno “xa recoñeceu que executará parte das propostas que levabamos no noso proxecto de cidade como “a cidade das mulleres; a concellería exclusiva de deportes ou un plan de choque para limpeza”, sinalou Mato.

Por último, a portavoz, que lembrou que o PP fixo todo o que estaba na súa man para propiciar un goberno moderado, libre de ataduras ideolóxicas e pensado para resolver os problemas desde o primeiro minuto, afirmou que “o Goberno virá chamar á nosa porta antes que despois e atoparanos onde sempre estivemos, nunha posición na que Coruña está por encima de todo e de todos”.