Bea Mato traslada á Confraría de Pescadores a súa proposta de crear unha Concellería do Mar exclusiva para o sector

Bea Mato traslada á Confraría de Pescadores a súa proposta de crear unha Concellería do Mar exclusiva para o sector
Considera clave para levar a cabo un labor divulgativo que impulse a Marca de Ciudad, unha demanda recorrente entre as reivindicacións históricas do sector marítimo-pesqueiro 
Impulsará as demandas do sector #ante as administracións, en especial #ante a UE e o Goberno 
Propón a celebración do Festival do Mar, coincidindo coa festa do Carmen, para poñer en valor a orixe e as tradicións da cidade e o seu vínculo co mar e o porto 

A presidenta do PP local coruñés e candidata á Alcaldía, Beatriz Mato, trasladoulle esta tarde á Confraría de Pescadores a súa proposta de crear, por primeira vez na historia da cidade, unha Concellería do Mar que xestione e aglutine todos os asuntos relacionados coa pesca e a actividade portuaria. “Terá como prioridade a colaboración do Concello co sector pesqueiro en materia de emprego e formación e, en xeral, no desenvolvemento da súa actividade”, indicou.

Entre as atribucións da nova Concellería de Mar destaca a elaboración e desenvolvemento de campañas de difusión e promoción do porto e en especial a lonxa da Coruña. Bea Mato destacou que “este labor divulgativo enmárcase como parte esencial da elaboración da nosa Marca de Ciudad, unha demanda que acaba aflorando cada vez que escoitamos as reivindicacións do sector marítimo-pesqueiro”.

A candidata explicou que pretende recuperar a senda da colaboración institucional con todas as administracións para o desenvolvemento de infraestruturas básicas para a cidade, “entre elas, e con carácter urxente e prioritario, a conexión ferroviaria ao Porto Exterior”. Engadiu que promoverá a celebración do Festival do Mar, coincidindo co Carmen, “para poñer en valor a orixe e as tradicións da nosa cidade e o seu vínculo co mar e o porto” e que virá acompañado dunha programación de congresos e feiras relacionadas co mar.

Entre as atribucións do novo departamento, Mato destacou que se converterá en aliada do sector na reivindicación das súas demandas ante o resto de administracións competentes, con especial incidencia nas relacións coa Unión Europea e co Goberno na dragaxe da ría do Burgo. “Foron moitos os esforzos na consellería de Medio Ambiente para acabar coas verteduras e o saneamento como para darlle agora as costas a esta cuestión”, indicou.