Bea Mato: “Quero unha Coruña de 10, situada no centro das cidades europeas e non na esquina”

Bea Mato: “Quero unha Coruña de 10, situada no centro das cidades europeas e non na esquina”
Mato propón dez craves para esta nova Coruña "aberta, innovadora, socialmente cohesionada, saudable e deportiva, verde e azul, amable, creativa, cidade de cidades, feminina e orgullosa" 
Reivindica especialmente a necesidade de devolver o dinamismo a unha Coruña " aletargada" pola parálise do actual Goberno de Marea Atlántica, sustentado polo PSOE 
A candidata popular participou hoxe nun debate de candidatos en Ascega, onde destacou o carácter feminino da nosa cidade, polo que "estou segura de que seremos as mulleres as que deseñemos os fitos do noso futuro" 

A presidenta do PP local coruñés e candidata popular á Alcaldía, Beatriz Mato, asegurou hoxe que o seu programa de cidade, que será presentado mañá nun acto público, diríxese a conseguir unha “Coruña de dez”. Para iso, dixo, necesitamos que a nosa cidade volva ser motor económico de Galicia e líder amable da área metropolitana. En definitiva, explicou, que volvamos ser unha cidade aberta, deixemos de estar na esquina e situémonos no centro das cidades europeas.

Por iso, apostamos por unha cidade que consinta aos emprendedores, atractiva para o talento e a innovación e que dea seguridade e facilidades na xestión aos que xa están establecidos.

Propoñemos tamén medidas para unha Coruña cohesionada socialmente, onde todos os coruñeses progresen e onde a igualdade de oportunidades estea garantida. Un eixo que se complementa coa cidade saudable e deportiva porque “hai poucas actividades que unan máis e xeren tantos valores positivos como o deporte, unha práctica que fomentaremos desde o punto de vista amateur e profesional”, indicou Mato.

O proxecto de cidade que presentamos camiña tamén cara a unha urbe de vangarda, verde e azul, que sexa respectuosa co medio ambiente e comprometida por unha mobilidade á altura das grandes capitais europeas.

A Coruña foi sempre unha cidade solidaria, un ámbito, que “debemos seguir impulsando”, xerando ademais que se converta nunha cidade amable coas familias, agradecida cos nosos maiores e comprometida cos nosos mozos.

Na súa intervención destacou o potencial de Coruña como polo creativo e a necesidade de poñela ao servizo deses novos talentos. “debemos ser a cidade que sabe mirar ao futuro sen perder de referencia o pasado”. E ese talento e talante debe ser reflectido no corazón desta cidade que non é outro que “os nosos barrios”. Neles “envorcaremos todo o noso esforzo” para que poidan gozar de elementos de centralidade económica e cultural.

Por último, incidiu e subliñou o papel feminino da nosa cidade, polo que se mostrou convencida de que “seremos as mulleres as que deseñemos os fitos do futuro.”