Bea Mato: “A miña ambición é unha Coruña Imparable; unha Coruña que volva brillar”

Bea Mato: “A miña ambición é unha Coruña Imparable; unha Coruña que volva brillar”

A candidata popular á Alcaldía da Coruña, Beatriz Mato, asegurou esta noite, durante a pegada de carteis, que “o futuro pasa polo PP, que é a única alternativa para desatascar a cidade e quitarlle de encima catro anos de óxido”.

“A miña ambición é unha Coruña imparable. Que volva brillar. E recobrar o esplendor pasado só é posible cunha xestión que abandone o anecdótico e céntrese no importante”, sinalou antes de proclamar que “que hoxe é o principio do fin do experimento que paralizou a cidade no últimos catro anos, coa complicidade total do Partido Socialista”.

Bea Mato concluíu cunha mensaxe directa a quen a acompaña na candidatura e aos militantes e simpatizantes presentes no acto simbólico de arranque de campaña: “O voso traballo inspírame e dáme forzas para loitar por Coruña. Douvos as grazas a todos os que estades aquí, e a todos os que vos pasades o día aquí e aos que saídes e sairedes á rúa para pelexar cada voto”.