O PP esixe a Ferreiro que resolva xa o bonotaxi para as persoas con problemas de mobilidade que acumula un atraso de tres meses

O PP esixe a Ferreiro que resolva xa o bonotaxi para as persoas con problemas de mobilidade que acumula un atraso de tres meses
O prazo para solicitar o Bonotaxi finalizou o 28 de xaneiro e aínda non se adxudicaron, polo que pode suceder o mesmo que en 2018 cando se resolveron no mes de xuño 
O atraso é un gran prexuízo porque esta axuda vai dirixida a persoas con discapacidades que afectan gravemente á súa mobilidade e que lles impiden utilizar o transporte colectivo 
Trátase de axudas que se convocan todos os anos, e que, por tanto, non terían que sufrir demora se se xestionase con dilixencia e pensando nas persoas destinatarias 

O PP esixe ao Goberno municipal que resolva coa máxima celeridade as solicitudes de axudas para transporte con persoas con discapacidade ( Bonotaxi) ao transcorrer o primeiro trimestre do ano sen que se concederon.

A Xunta de Goberno aprobou en decembro de 2018 a convocatoria anticipada destas axudas para “non xerar esperas nas persoas que máis o necesitan”, habilitándose o prazo para solicitalas ata o 28 de xaneiro do ano en curso. Transcorridos dous meses e medio desde o peche do prazo, a Marea aínda non ha resolvido as solicitudes.

O PP lembra que son axudas económicas dirixidas a persoas con discapacidades que afectan gravemente á súa mobilidade e que lles impiden utilizar o transporte público colectivo, co fin de proporcionarlles un servizo alternativo para os seus desprazamentos e que así poidan atender os gastos extraordinarios que lles xeran. Trátase tamén de persoas que o necesitan polo seu límite de ingresos.

Estas axudas convócanse todos os anos, e, por tanto, non terían que sufrir atraso se se xestionase cun mínimo de dilixencia para que resultasen efectivas desde o 1 de xaneiro, e cumprir o fin para o que foron creadas: atender os gastos de desprazamento extraordinarios que teñen que soportar as persoas con discapacidade e mobilidade reducida durante todo o exercicio.

Na convocatoria do exercicio 2018 xa ocorreu o mesmo, a incapacidade de xestión da Marea levou a que os expedientes se resolvesen no mes de xuño, o que significou que as persoas que máis o necesitan víronse imposibilitadas de utilizar os bonotaxi os 5 primeiros meses do ano (Os bonos emítense para cada exercicio e por tanto os de 2018 non se poden utilizar este ano).

O PP esixe que Ferreiro resolva dunha vez a convocatoria de 2019, porque de momento xa recortou 3 meses (xaneiro, febreiro e marzo) a prestación ás persoas con discapacidade que máis o necesitan.