Bea Mato apoia a iniciativa da Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento: crear un Consello Participativo

Bea Mato apoia a iniciativa da Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento: crear un Consello Participativo

A presidenta do PP local coruñés e candidata á Alcaldía, Beatriz Mato, mantivo esta tarde un encontro de traballo co presidente e varios directivos da Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento, que agrupa a 46 organizacións de Galicia, 17 delas, coruñesas.

Durante o encontro, o presidente da coordinadora, Alejandro Quiñoá, puxo de manifesto a necesidade de atopar sinerxias entre as entidades, algo que no seu día xa propuxeran as asociacións nos Encontros de Cidade, que os populares vén celebrando desde o pasado mes de novembro.

Entre as súas propostas apuntaron a necesidade de crear un Consello Participativo, iniciativa que recibiu o respaldo de Bea Mato. Pola súa banda, a candidata comprometeuse ou a ofrecerlles máis apoio institucional e económico para os seus labores de divulgación e para o desenvolvemento do día a día das súas accións propias.