O PP esixirá explicacións a Ferreiro pola inejecución de investimentos nos barrios e as queixas xeneralizadas polo carril bici

O PP esixirá explicacións a Ferreiro pola inejecución de investimentos nos barrios e as queixas xeneralizadas polo carril bici
Os populares preguntarán no Pleno por non licitar en catro anos as obras do Polideportivo do Castrillón, do Remanso, do mercado de Santa Lucía ou da praza de Monte Alto, tras anular os trámites feitos polo PP 
O Grupo Popular cuestionará a Ferreiro polo seu balance sobre o carril bici ante as queixas xeneralizadas de veciños, comerciantes, condutores e ciclistas pola nefasta execución 
O PP quere saber por que non solicitou á SIEP a prórroga do convenio do cárcere a pesar de dicir días antes que o ía a facer e xusto tras abrir dilixencias o xulgado polas que Claudia Delso está a ser investigada por prevaricación 

O Grupo municipal Popular preguntará a Xulio Ferreiro no Pleno ordinario do 11 de marzo pola inejecución de investimentos, polos problemas co carril bici e polo esperpento na cesión do antigo cárcere.

O PP pedirá explicacións a Ferreiro por non licitar en catro anos as obras do Polideportivo do Castrillón, do Remanso, do mercado de Santa Lucía ou da praza de Monte Alto, tras anular os trámites e actuacións realizadas polo PP e coas que estas obras podrian estar xa feitas.

No Remanso había un contrato adxudicado para a obra que cancelaron sen motivo, tendo que indemnizar á adxudicataria; na praza de Monte Alto estaba licitada a remodelación e anulárona; no mercado de Santa Lucía ía facer un concurso de ideas, incluíndo o centro de saúde como queren os veciños, que non fixeron; no polideportivo do Castrillón estaba previsto licitar a finalización e a xestión sen que custase un euro ao concello e paralizárona.

Catro anos despois, confírmase o engano da Marea aos veciños ao ser foi incapaces de licitar nin unha soa destas catro actuacións, como tantas outras ao deixar 170 millóns de euros para investimentos municipais directos sen executar.

Doutra banda, o Grupo Popular preguntará a Ferreiro polo seu balance sobre a execución e o funcionamento do carril bici. Tanto veciños como comerciantes, condutores e os propios ciclistas manifestaron publicamente o seu descontento coa maneira en que o Goberno municipal ha executado esta actuación: eliminación de prazas de aparcadoiro sen alternativas, tramos sen conexión, redución de zonas de carga e descarga, estreiteza e anulación de carrís de circulación, etc, son as principais queixas formuladas.

Por último, os Populares queren saber por que Ferreiro non solicitou á SIEP a prórroga do convenio do antigo cárcere a pesar de dicir poucos días antes que o ía a facer. Tras as dilixencias abertas no xulgado de instrución, polas que está a ser investigada Claudia Delso por prevaricación, a Marea cambiou de opinión e decidiu non solicitar a prórroga do convenio ao Estado alegando o mal estado do edificio –o mesmo que cando asinaron o convenio- e que non se podían facer as actividades previstas –o que xa sabían cando asinaron o acordo de cesión de uso con Proxecto Cárcere-.