O PP esixe explicacións a PSOE e Marea por ocultar outra sentenza urbanística firme que condena ao Concello para pagar máis de 14 millóns de euros

O PP esixe explicacións a PSOE e Marea por ocultar outra sentenza urbanística firme que condena ao Concello para pagar máis de 14 millóns de euros
A sentenza é firme tras inadmitir o Supremo o recurso municipal por discrepancias na valoración de 240.000 m2 expropiados en época socialista no Castro de Elviña 
A Marea e o PSOE seguen indo da man e pretendían ocultar a sentenza ata as municipais para que este escándalo non afectase o resultado nin a un posible pacto 
O Goberno municipal non moveu un papel para esixir responsabilidades por Someso -a pesar de figurar no seu programa electoral-, edificio Fenosa ou Agra de San Amaro 

A portavoz do Grupo municipal Popular, Rosa Gallego, informou acerca dunha nova sentenza xudicial firme que afectará gravemente o Concello por outro conflito urbanístico da época de goberno socialista.

A sentenza, que supón unha indemnización aos reclamantes de máis de 14 millóns de euros, é firme tras haber inadmitido o Tribunal Supremo o recurso de casación interposto polo Goberno municipal ao fallo do TSXG dando a razón aos demandantes, que reclamaron a valoración dos terreos efectuada polo Concello na expropiación forzosa no Castro de Elviña.

As expropiacións realizáronse durante o goberno municipal do Psoe -como o edificio Fenosa, Someso ou Agra de San Amaro- e a Marea oculta esta sentenza desde hai un mes.

A intención do goberno municipal era non facela pública ata despois das eleccións do 26 de maio porque van da man co PSOE e que así non afecte o resultado electoral e, se fose o caso, a un posible pacto de goberno municipal cos socialistas.

A sentenza dá a razón aos afectados das fases I e II, iniciadas fai máis de quince anos, (uns 240.000 m2 correspondentes a 134 parcelas) e eleva a valoración paga (media de 12 €/ m2) a 50 €/ m2.

Tendo en conta superficies e diferenza de prezo -38 €/ m2- entre o pago e a taxación agora fixada, a indemnización pendente de pago é de 9,1 millóns. A esta cantidade hai que engadir intereses desde fai máis de quince anos, -5,4 millóns neste momento- cantidade que seguirá aumentando ata que se pague.

Por tanto, a indemnización pendente de pago nestes momentos, firme tras non admitir o Tribunal Supremo o recurso municipal, ascende xa a 14,5 millóns de euros.

Esiximos ao Goberno municipal que deixe de esconder e faga pública a sentenza, que informe sobre a súa repercusión nas contas municipais e que adopte as medidas necesarias para esixir responsabilidades, tendo en conta que aínda non enviaron o expediente de Someso ao Consello Consultivo, incumprindo o seu programa e o seu acordo de Xunta de Goberno, nin iniciado a esixencia de responsabilidades pola indemnización do edificio de Fenosa.

Esiximos ao Psoe que explique unha nova chapuza urbanística millonaria derivada da súa xestión e que terán que pagar os coruñeses do seu peto, como Someso, o edificio Conde de Fenosa ou o Agra de San Amaro, entre outros.

Marea e Psoe foron da man estes catro anos, seguen indo -como se puido comprobar no Pleno de onte – e seguirán indo tras as municipais no caso de que se necesiten para gobernar. Votar á Marea ou ao PSOE nas próximas municipais é o mesmo.

Fonte da imaxe: “El Ideal Gallego”