O PP emendará o modificativo para apoiar ao comercio, ao emprego, aos servizos sociais, á igualdade, ao deporte e á rehabilitación

O PP emendará o  modificativo para apoiar ao comercio, ao emprego, aos servizos sociais, á igualdade, ao deporte e á rehabilitación

Audio roda prensa Rosa Gallego:

Ferreiro leva o modificativo a Pleno o luns incumprindo a moción Popular aprobada en xaneiro e o acordo do Pleno extraordinario solicitado polo PP, pedindo consenso 
O PP propón dar de baixa 1,11 millóns en publicidade e externalizaciones e non en comercio, emprego, servizos sociais, igualdade, deportes e rehabilitación como Ferreiro 
Unha emenda recolle 1 millón de euros para cambiar o céspede de catro campos de fútbol da Torre, como piden os clubs, e financialo reducindo máis gasto superfluo 

O PP presentará emendas ao modificativo que o Goberno municipal levará unilateralmente a Pleno o luns para apoiar ao comercio local e ao emprego, aos servizos sociais e á igualdade, ao deporte coruñés e á rehabilitación e que son perfectamente asumibles para a súa aprobación.

A portavoz do Grupo municipal Popular, Rosa Gallego, lembrou que Ferreiro decidiu presentar o seu Orzamento ao Pleno co ditame en contra da Comisión de Facenda para seguir co seu papel de vítima e agora trae este modificativo sen negociar, incumprindo a moción do PP aprobada en xaneiro e o acordo aprobado no Pleno extraordinario solicitado polos Populares, pedindo un modificativo consensuado.

Gallego destacou que se demostra, en contra do manifestado por Ferreiro, que se poden aprobar convenios e investimentos co orzamento prorrogado. Este modificativo, salvo o edificio Fenosa, podían traelo en xaneiro e xa estaría en vigor.

Atrasaron meses convenios e investimentos enganando aos veciños dicíndolles que sen Orzamento novo non podían licitar as obras. Pero, por exemplo, o diñeiro para o viaduto da Ronda de Nelle sae totalmente do orzamento prorrogado, non do modificativo.

Por tanto Ferreiro mentiu para seguir de vítima, cando as únicas vítimas de que atrasase o modificativo son os coruñeses que ven á súa cidade sucia, sen mantemento e paralizada.

Os convenios son imprescindibles para a supervivencia e funcionamento de moitas entidades, polo que están molestas, como as asociacións veciñais ás que pretenden seguir enganando dicíndolles que van facer en dous meses o que non fixeron en 4 anos.

No modificativo non inclúen un só convenio co comercio local por terceiro ano consecutivo. Por iso propoñemos un convenio coa FUCC por 100.000 euros. Ademais, propoñen dar de baixa 231.409 euros do Plan de dinamización comercial e 387.000 euros para convenios e subvencións de emprego, ao que nos opoñemos.

Tampouco estamos de acordo con anular 40.000 euros para subvencións de deportes, 201.000 para programas sociais e igualdade e 264.000 para subvencións de rehabilitación.

En resumo, non queremos dar de baixa 1,11 millóns de partidas de comercio, emprego, servizos sociais, igualdade, deportes ou rehabilitación e si queremos dar de baixa 1,11 millóns de publicidade, propaganda, reunións e externalizaciones.

Tamén consideramos necesario e urxente, así nolo transmitiu a AFAC, cambiar o céspede de catro campos na Torre. Propoñemos 1 millón de euros para este investimento, como se recollía nos Investimentos Financeiramente Sustentables de 2018 que non puideron realizar, e financialo reducindo noutro millón o gasto superfluo.

Gallego finalizou sinalando que lle gustaría acordar estas e outras iniciativas, pero Ferreiro non quixo. Preferiu castigar aos coruñeses sen investimentos, ás entidades sen convenios e aos funcionarios sen incremento con tal de seguir co seu victimismo.