O PP acusa a Ferreiro de presentar uns orzamentos “inconsistentes” que non responden as necesidades dos coruñeses

O PP acusa a Ferreiro de presentar uns orzamentos “inconsistentes” que non responden as necesidades dos coruñeses
A candidata popular, Bea Mato, asegura que as contas que o alcalde levará a pleno o luns supoñen “máis parálise, máis malgasto, máis amiguismo, menos investimentos, menos axudas, e menos prestacións” 
Lamenta que o goberno da Marea entregáselle ao PP a documentación o último día de prazo, o pasado 28 de xaneiro, e á vez “permítase o luxo de esixirnos o noso apoio” 
Cualifica de “urxente e imprescindible” que a Marea cumpra a moción do PP e aprobada en xaneiro instando a tramitar un modificativo para aprobar os convenios con entidades 

A presidenta do PP local coruñés e candidata a alcaldesa, Beatriz Mato, considera que o Proxecto de Orzamento para 2019 que presenta Xulio Ferreiro para a súa aprobación inicial o vindeiro luns “non é o instrumento adecuado e necesario para facer fronte aos problemas dos coruñeses”. Nunha comparecencia conxunta coa portavoz municipal, Rosa Galego, Matogueira asegurou que os orzamentos de Ferreiro supoñen “máis parálises, máis malgasto, máis amiguismo, menos investimentos, menos axudas, e menos prestacións”. “Son uns orzamentos de cartón pedra; inconsistentes”, sinalou.

• La candidata popular, Bea Mato, asegura que las cuentas que el alcalde llevará a pleno el lunes suponen “más parálisisA xuízo de Bea Mato, a proposta do goberno de Marea Atlántica “destrúe oportunidades de emprego, sobe os ingresos por impostos, abandona os barrios ao reducir investimentos e mantemento, aumenta o gasto sen retorno en festas, reduce subvencións e prestacións sociais, diminúe as partidas de turismo e comercio, e externaliza máis servizos que nunca”. Mostrouse convencida de que “ Xulio Ferreiro non quere que os seus orzamentos saian adiante e é feliz no seu papel de vítima. Confórmase con ter unha escusa para seguir facendo o que fixo desde que chegou: absolutamente nada”.

A candidata a alcaldesa destacou “a falta de respecto e de lealdade institucional ao entregarnos o primeiro papel dos orzamentos o último día de prazo legal” e, non conformes, “permítense o luxo de esixirnos o noso apoio”. Cualificou de “urxente e imprescindible” que a Marea cumpra a moción presentada polo PP e aprobada en xaneiro instando a tramitar un modificativo urxente para aprobar os convenios con entidades da cidade, “con problemas económicos por deixamento de Xulio Ferreiro”.

Tras enumerar os investimentos paralizados durante tres anos e que agora a Marea asegura que quedarán bloqueadas polo rexeitamento ás contas, Bea Mato sinalou que o goberno local “tampouco aposta polos barrios: nin unha escola infantil, nin un centro cívico, nin un centro de día, nin unha biblioteca e ata as partidas para vías públicas e iluminación diminúen en 5,5 millóns respecto ao PP, un 31% menos”.