Beatriz Mato márcase como prioridade converter o Concello nunha administración áxil e eficiente, adaptada ao século XXI

Beatriz Mato márcase como prioridade converter o Concello nunha administración áxil e eficiente, adaptada ao século  XXI
Participou nun almorzo con socios do Club Financeiro Atlántico para escoitar as súas demandas e inquietudes e trasladarlles as liñas básicas do seu proxecto compartido 
A candidata popular considera indispensable que a administración local sexa capaz de executar o seu Orzamento como principio básico da xeración de emprego 
Incidiu en que a Universidade debe xogar un papel crave como “fábrica de coñecemento” e anima a buscar e promover proxectos mesmo máis ambiciosos que a Cidade das TIC 

A presidenta do PP local coruñés e candidata á Alcaldía da Coruña, Beatriz Mato, destacou esta mañá que entre as súas prioridades se resulta elixida nos comicios do próximo 26 de maio atópase, en lugar preferente, está converter o Concello en “un interlocutor válido no que os coruñeses se atopen cunha administración áxil e eficiente, que non entorpeza os proxectos e que sexa capaz de xestionar o día a día”.

Bea Mato realizou estas manifestacións tras participar nun almorzo con socios do Club Financeiro Atlántico, no que tivo “a oportunidade de debullar as liñas xerais para construír o meu proxecto compartido, pero sobre todo, de escoitar as preocupacións e as demandas dos empresarios”. Dentro deste apartado de demandas encadra a necesidade de “promover a axilización dos procedementos, aproveitando para iso todo o potencial que nos ofrecen as novas tecnoloxías e a administración electrónica” É necesario, dixo, que avancemos cara a unha administración electrónica, con trámites telemáticos, propia do século XXI. Nos momentos que vivimos non é aceptable ter que acudir a tres portelos para un mesmo trámite”, subliñou.

Mato tamén explicou que coincidira cos socios do Club Financeiro Atlántico en diagnosticar o emprego e o desenvolvemento económico como o centro das preocupacións da cidade. “Habemos coincido en dous principios básicos indispensables como paso previo a aplicar novas políticas de emprego nas que un Concello si ten marxe de manobra: por unha banda que a administración local deixe de ser un xerador de trabas para o emprendedor, o que xera emprego, e por outro, que sexa capaz de executar cada ano o Orzamento”, indicou.

A candidata do PP indicou que nesa eficacia administrativa reside a clave para “que se xere emprego, apostando claramente polo emprego tecnolóxico, apoiándose no know how de grandes empresas da nosa área e nesa fábrica de coñecemento que é a Universidade”. No encontro falouse de proxectos “que agora mesmo están na mesa de debate, como a Cidade das TIC”.

Respecto diso, sinalou que “hai que ambicionar un proxecto máis grande”. “Máis aló das TIC, deberiamos buscar ser unha cidade tecnolóxica, na que incluamos outras actividades para potenciar, sectores que teñen xa vida propia na cidade”, engadiu.

Os asistentes ao encontro interesáronse tamén polo plan de recuperación do espazo público que anunciara Bea Mato hai uns días e que valoraron como unha necesidade do día a día da Coruña, especialmente para o turismo.