O PP critica que a parálise de Ferreiro provoque que A Coruña peche 2018 como a cidade galega con peores datos de emprego

O PP critica que a parálise de Ferreiro provoque que A Coruña peche 2018 como a cidade galega con peores datos de emprego
O paro de decembro de 2018 confirma que A Coruña é a cidade de Galicia onde menos baixan a taxa de paro desde maio de 2015, tanto segundo a EPA como segundo os datos do Servizos Público de Emprego

O PP critica que a parálise da xestión do Goberno municipal de Ferreiro e a inexistencia dun plan de emprego provocan que en 2018 na Coruña o paro baixase menos que en case todas as cidades galegas e moito menos que no conxunto de Galicia, segundo confirman os datos do paro rexistrados no mes de decembro e publicados hoxe.

Respecto ao paro rexistrado en 2018, na Coruña baixa o -6,01%, sendo a segunda cidade galega onde menos diminúe, mentres en Galicia faio nun -8,50%, en boa medida grazas ás medidas de impulso ao sector socioeconómico de la Xunta de Galicia.

Respecto a maio de 2015, cando se celebraron as últimas eleccións municipais, A Coruña é a cidade de Galicia onde menos baixa o paro (-22,19%) e tamén menos que en Galicia (-28,56%). Entre 2015 e 2017 Ferreiro deixou sen executar 130 millóns de euros para investimentos municipais, privando de 8.000 empregos aos coruñeses.

Co PP nosa cidade era a locomotora socioeconómica de Galicia e coa Marea é o furgón de cola, como demostra que A Coruña peche 2018 como a cidade de Galicia onde menos baixan a taxa de paro, o número de parados, tanto segundo a EPA e como segundo os datos do SEPE desde as municipais de 2015.