O PP destaca o incremento dun 23% nas reclamacións dos coruñeses a Ferreiro pola súa nula xestión e o abandono dos barrios

O PP destaca o incremento dun 23% nas reclamacións dos coruñeses a Ferreiro pola súa nula xestión e o abandono dos barrios
O informe das Suxestións e reclamacións de 2017 recolle un incremento do 23% respecto a 2016 e un 48% con respecto ao 2014 
Case a metade (43,5%) foron queixas de Medio Ambiente por contedores, maleza, podas, xardíns, residuos, etc, a pesar de que Ferreiro negue problemas de mantemento 
A Marea tarda cada vez máis en responder os coruñeses ao aumentar un 73% as pendentes a final do ano e en abril de 2018, Medio Ambiente aínda tiña sen resolver o 80% das de 2017 e Urbanismo non había resolvido ningunha de 282 

As reclamacións dos coruñeses ao Goberno municipal han aumentado un 23% respecto a 2016 , ao pasar de 10.954 a 13.480, segundo recolle a Memoria municipal de Suxestións e Reclamacións de 2017 que irá a Pleno o vindeiro luns. Estas cifras reflicten ademais un crecemento dun 48% en 2017 respecto a 2014, último ano completo do PP, ao pasar de 9.126 a 13.480.

Este incremento é outra mostra da ineficaz xestión de Ferreiro pola súa parálise, a falta de mantemento e o abandono dos barrios. As queixas dos coruñeses aumentan a un ritmo moi alto ano tras ano

Case a metade (43,5%) das reclamacións están relacionadas con Medio Ambiente por problemas con contedores, maleza, podas, xardíns, acumulación residuos, etc, no que inflúe que o servizo de recollida de lixo estea sen contrato desde xaneiro de 2017.

Ferreiro nega problemas de sucidade ou de falta de mantemento nos barrios, pero os coruñeses non opinan o mesmo e fanllo saber a través das súas queixas porque Medio Ambiente e Infraestruturas son as dúas áreas con máis reclamacións, seguidas de Mobilidade.

Outra mostra da falta de xestión de Ferreiro é o incremento das SYR respondidas fóra de prazo ou sen responder dentro o ano. Así, diminuíron as solucionadas nos 90 días que marca o Regulamento dun 36% en 2016 ao 32% en 2017 e aumentaron un 73% as pendentes ao peche do ano (4.404 en 2016 e 7.630 en 2017).

Sobre a ineficacia do Goberno municipal á hora de atender as queixas cidadás, destaca Medio Ambiente que en abril de 2018 tiña sen responder 4.754 reclamacións de 2017 (80%), Mobilidade un 87% (1.733 de 1.992) e Emprego un 77% (51 de 66), aínda que o premio lévallo Urbanismo por non resolver ningunha das 282 recibidas.

Os coruñeses quéixanse cada vez máis dos nefastos resultados pola ausencia de xestión de Ferreiro quen tarda cada vez máis en responderlles ou nin o fai porque foxe tanto da crítica como da autocrítica, tentando culpar aos demais da súa propia ineficacia.