Bea Mato cre que “o goberno do non” de Ferreiro está a sumir á cidade en “o abandono” coa complicidade do PSOE

Bea Mato cre que “o goberno do non” de Ferreiro está a sumir á cidade en “o abandono” coa complicidade do PSOE
A candidata popular ha realizado durante o ano que finaliza máis dun centenar de visitas a barrios, oito foros sectoriais e puxo en marcha un novo modelo de participación cidadá

Bea Mato, presidenta do PP da Coruña, fixo hoxe un balance moi negativo do traballo de Xulio Ferreiro durante o ano que finaliza. Cualificou como “o goberno do non” ao de Marea Atlántica “co apoio incondicional” do PSOE. “Non xestiona, non paga, non inviste, non soluciona, non se preocupa dos veciños, non cumpre os orzamentos que aproba”, enumerou a candidata popular á alcaldía. “Ferreiro e os seus están aí para cobrar o soldo e axudar aos seus amigos”, concluíu, antes de lembrar casos que chegaron aos xulgados como o da compra de vivendas a un militante de Marea ou a adxudicación da xestión do antigo cárcere a un colectivo afín.

Para Bea Mato, os grandes prexudicados polo “desgoberno da Marea” son os cidadáns coruñeses, entre os que, ao seu xuízo, están a estenderse dúas sensacións “a indignación e o abandono”. “Ferreiro está a perder o tren do futuro”, lamentou. A presidenta do PP local incidiu especialmente no feito de que o Concello non conte aínda cun orzamento, nin sequera cunha proposta do mesmo: “Que un goberno local renuncie ao seu orzamento é coma se un carpinteiro renuncia ao martelo”.

A candidata popular á alcaldía coruñesa fixo balance tamén do seu traballo ao longo do ano que está a piques de terminar. Mostrouse “moi animada” cara ás futuras eleccións ou tras realizar máis dun centenar de visitas “a todos os barrios da cidade”, organizar oito foros sectoriais (deporte, economía, industria 2.0, educación, ciberseguridad…) ou poñer en marcha os chamados “Encontros de Cidade”, nos que Bea Mato expuxo a colectivos sociais e deportivos un novo modelo de participación cidadá.

“Creo sinceramente que demos coa tecla correcta. Percibo que os coruñeses teñen ganas de ser escoitados, pero de verdade, non con falsos modelos de participación”, analizou. “Queremos facer un proxecto compartido. É unha nova maneira de construír cidade. É o método das “catro é”: Escoitar, Elaborar, Explicar e Executar implicando á cidadanía”, estendeuse Bea Mato. E como exemplo de proxecto compartido puxo o seu programa “A Coruña, cidade das mulleres”, un plan para promover a importancia da muller na historia pasada e presente da cidade en cuxa elaboración están a participar colectivos e particulares coruñeses.